Amosando publicacións coa etiqueta 2º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º ESO. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de maio de 2020

TERCEIRO TRIMETRE 2º DA ESO: RECUPERAR E REFORZAR

    O alumnado que non teña superadas a 1ª ou 2ª avaliación, ou as dúas,  deberán enviarme este caderno ben feito antes do 5 de Xuño se queren aprobalas. Unha vez aprobadas estas avaliacións suspensas poderei sumarlle a calificación do Terceiro Trimestre para subila media.Pero de non superalas ou non entregalos cadernos de recuperación, suspenderán o curso e non terei ocasión de sumarlle o traballo feito no Terceiro Trimestre. Aquí tedes as ligazóns os cadernos que deberedes de enviarmos ó mail pedradaauga@gmail.com:
- Caderno de Recuperación da 1ª Avaliación.
- Caderno de Recuperación da 2ª Avaliación.
    Se queredes mais aclaracións aquí tedes os NOVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE 2º DA ESO modificados por este estado de alarma polo virus.
     Enviarei mails personalizados para comunicarlle a cada un de vós a avaliación que tedes que recuperar e as ligazóns ó material.
       As dúbidas que se vos podan plantexar podedes facelas chegar polos comentarios deste blog, polo mail (pedradaauga@gmail,com) ou pola Aula Virtual.
     Este trimestre continuaremos reforzando e ampliando contidos das dúas avaliacións primeiras para aqueles que as tivesen aprobadas (ou que as vaian recuperando cos cadernos). O traballo que estades facendo verase recompensado, así que podedes seguirme enviando actividades atrasadas (As da entrada do  Tema 7: A cidade e estas sobre o Tema 1 e 2 que tedes abaixo).
     Tamén podedes seguir respondendo a esta enquisa anónima as clases a distancia. 
- Semana do 20 ó 25 de Abril:  repaso do Tema 2 coas actividades.


- Semana do 27 de Abril ó 1 de Maio: repaso do Tema 2 coas actividades. 

- Semanas de Maio: a partires dagora trocaremos o sistema de repaso e ampliación buscando un xeito mais lúdico...Iremos lendo xuntos un libro e a medida que avancemos ireivos plantexando preguntas semanais que me teredes que ir resolvendo, enviandomas ó mail pedradaauga@gmail.com, coma ata o dagora.
- Aquí vos deixo a ligazón do libro : 
-E nesta presentación irei avanzando as actividades semanais, Espero que disfrutedes!!!!

luns, 16 de marzo de 2020

TEMA 7: A CIDADE. PROCESO DE URBANIZACIÓN.

   Neste tema trataremos de definir e coñecer como son as cidades, esas grandes concentracións de poboación que xurdiron fai milleiros de anos e que hoxe se espallan por todo o mundo supoñendo máis da metade da poboación mundial. Aquí tedes os apuntamentos do tema :Tema7: A cidade. Proceso de urbanización.
   Como sempre, iremos avanzando na explicación do tema apoiándonos nesta presentación ( que irei actualizando e ampliando na medida que vaian pasando os días).

TEDES UN RETO/ CHALLENGE KAHOOT SOBRE ESTE TEMA. PODEDES ACCEDER DENDE A PRESENTACIÓN (ÚLTIMA PÁXINA) OU ACCEDENDO A ESTA LIGAZÓN. 
ATA O 19 DE ABRIL(NOVA DATA).
Acordádevos de poñer un Nickname/Nome que eu poida recoñeder....
É UNHA ACTIVIDADE VOLUNTARIA.

DURANTE ESTA SEMANA APROVEITADE TAMÉN PARA POÑERVOS Ó DÍA COAS ACTIVIDADES ( PLANTEXADAS NA PRESENTACIÓN QUE TEDES AQUÍ ABAIXO).

xoves, 20 de febreiro de 2020

TEMA 6: MOVEMENTOS MIGRATORIOS

Os Homo Sapiens Sapiens somos unha especie en continuo desprazamento. As poboacións perden habitantes e outras os receben. Neste tema achegarémonos as características destes movementos demográficos e as súas consecuencias. Tamén estudiaremos as principais migracións da nosa historia.
Aquí tedes os apuntamentos deste Tema 6: Movementos Migratorios.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

TEMA 5: A POBOACIÓN MUNDIAL

Con este novo tema nos adentraremos en terreos da Xeografía Humana. Etudiaremos a poboación mundial e as súas características ó longo do tempo e nos diferentes lugares.  Como sempre, na clae seguiremos estes apuntamentos sobre a poboación como referencia .

mércores, 13 de novembro de 2019

TEMA 4: AS AUGAS CONTINENTAIS, RÍOS E LAGOS

Neste tema falaremos da hidrografía en relación ás augas continentais da península, España e Galicia. Enténdense como augas continentais ó conxunto de augas doces, ríos, lagos, lagoas, augas subterráneas... Aquí tedes os apuntamentos do Tema 4 : Augas continentais.



mércores, 16 de outubro de 2019

TEMA 3: AS COSTAS DE ESPAÑA E GALICIA

Neste tema estudaremos as nosas costas, a súa forma e os accidentes xeográficos que conteñen. No seguinte enlace tedes á vosa disposición os apuntamentos sobre o Tema 3: Costas española e galega.

martes, 24 de setembro de 2019

TEMA 2: LOCALIZACIÓN E RELEVO DE ESPAÑA E GALICIA.

A orografía é unha parte da Xeografía Física que estuda o relevo terrestre. Neste curso nos centraremos na orografía de España e de Galicia.
   
Neste vínculo tedes os apuntamentos sobre o tema: Tema 2; Localización e relevo de España e Galicia.
As montañas son un ecosistema que tamén sofre a incidencia da actividade humana, actividade que moitos casos rompe o seu equilibrio. Aquí vos deixo un pequeno video sobre os problemas de contaminación na montaña máis emblemática do mundo, o Everest.

mércores, 18 de setembro de 2019

TEMA 1: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS

Neste primeiro tema da materia de Ciencias Sociais repasaremos conceptos e contidos vistos anteriormente.Podedes apoiarvos nesta presentación que estamos vendo na clase:
 Para que completedes a vosa libreta enlazo os apuntamentos do tema no que tamén hai actividades:Apuntamentos do Tema 1: Coordenadas Xeográficas.
Dado que estamos a celebrar o V Centenario da ruta de Magallanes e o Cano, os primeiros en dala volta ó mundo, aquí tedes un enlace onde podedes achegarvos á súa aventura.
Con Magallanes e El Cano viaxaba o xeógrafo e cronista Antonio Pigafetta que anotaba no seu diario todo o que lle ía acontecendo a esta expedición. Deste xeito , coa primeira volta o mundo, produciuse un grande enigma que costou tempo entender....perderan un día polo camiño!!
Antonio Pigafetta
Deixouno así anotado no seu escrito Primeira viaxe ó redor do globo:
 "Para ver se os nosos  diarios foran levados con exactitude, mandamos preguntar en terra que qué día da semana era. Respondéronos que era xoves, o que nos sorprendeu, xa que segundo os nosos diarios só estábamos a mércores, e a mín, sobre todo, porque  estando ben de saude para levalo meu diario, marcara sen interrupción os días da semana e os do mes"
Pista1: viaxan cara o Oeste.
Pista2: non levaban reloxios, os reloxios de precisión eran enormes e estaban nalgunhas torres de catedrais importantes. Non eran reloxios axeitados para transportar. Os primeiros reloxios para levar no peto son posteriores, do século XVII.

xoves, 12 de setembro de 2019

INICIO DO CURSO DE 2º DA ESO DE CIENCIAS SOCIAIS

Douvos a benvida a tod@s para este novo curso que empezamos.
Deixovos, en primeiro lugar dous enlaces cos criterios de avaliación e coa programación desta materia , para que así a teñades sempre a man.