mércores, 18 de setembro de 2019

TEMA 1: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS

Neste primeiro tema da materia de Ciencias Sociais repasaremos conceptos e contidos vistos anteriormente.Podedes apoiarvos nesta presentación que estamos vendo na clase:
 Para que completedes a vosa libreta enlazo os apuntamentos do tema no que tamén hai actividades:Apuntamentos do Tema 1: Coordenadas Xeográficas.
Dado que estamos a celebrar o V Centenario da ruta de Magallanes e o Cano, os primeiros en dala volta ó mundo, aquí tedes un enlace onde podedes achegarvos á súa aventura.
Con Magallanes e El Cano viaxaba o xeógrafo e cronista Antonio Pigafetta que anotaba no seu diario todo o que lle ía acontecendo a esta expedición. Deste xeito , coa primeira volta o mundo, produciuse un grande enigma que costou tempo entender....perderan un día polo camiño!!
Antonio Pigafetta
Deixouno así anotado no seu escrito Primeira viaxe ó redor do globo:
 "Para ver se os nosos  diarios foran levados con exactitude, mandamos preguntar en terra que qué día da semana era. Respondéronos que era xoves, o que nos sorprendeu, xa que segundo os nosos diarios só estábamos a mércores, e a mín, sobre todo, porque  estando ben de saude para levalo meu diario, marcara sen interrupción os días da semana e os do mes"
Pista1: viaxan cara o Oeste.
Pista2: non levaban reloxios, os reloxios de precisión eran enormes e estaban nalgunhas torres de catedrais importantes. Non eran reloxios axeitados para transportar. Os primeiros reloxios para levar no peto son posteriores, do século XVII.

Ningún comentario:

Publicar un comentario