sábado, 15 de febreiro de 2020

RENACEMENTO

Aquí vos deixo a presentación do Renacemento e os seguintes enlaces para os apuntes:
Arquitectura do RenacementoEscultura do RenacementoMiguel Anxo BuonarottiPintura do RenacementoO Renacemento español: O Escorial e O Greco.

Propóñovos estas lecturas do Código da Vinci, esta sobre a Mona Lisa  e esta sobre outra pintura de Leonardo, A última cea. 


Clase a ditancia Luns 16 de Marzo de 2020:
- A escultura do Cinquecento, Miguel Anxo. Continuaremos con este tema a partires dos apuntamentos que xa tiñades arriba colgados: o Moisés e as esculturas das tumbas dos Médicis.
-  Explicación destas dúas obras: o Moisés  e as tumbas dos Medici na igrexa de San Lorenzo.
- Actividades propostas: dado que non podemos saber se nos examinaremos ou non desta parte, prégovos que me vaiades mandando comentarios para eu devolvelos correxidos. No caso de que se poden avaliar , poderíamos sustituir ó examen desta parte ( como xa consensuamos na clase). Así que para empezar debedes mandarme vía mail a pedradaauga@gmail.com (acordádevos, formato editable)  o comentario dunha obra escultórica renacentistas ( das que entran na ABAU). O prazo é ata o venres 20 de Marzo
- Dúbidas e preguntas: podedes seguir a canle de Whatsapp, mail ou en comentarios da entrada ( abaixo desta entrada hai a opción de "Publicar comentario").

Clase a distancia Martes 17 de Marzo de 2020:
- Empezamos a pintura do Quatrocento: na presentación empeamos cun exemplo da pintura gótica ata chegar a Masaccio, máximo representante da "chegada do renacemento". Estudiaremos as características deste pintor a traverso da súa obra "Pago do tributo", que ademáis é a que vos entra na ABAU. Así pois , deixovos unha ligazón a material sobre:
- Características da pintura do Quatrocento:
- Pago do Tributo, de Masaccio. que narra o episodio evanxélico de "A Deus o que é de Deus e ó César o que é do César", que insta a que unha cousa son os asuntos celestiais e outra cumprir aquí coas obrigas terrenais ( pagalos impostos-tributos). Adicado ó apóstolo Pedro, o primeiro Papa da Igrexa.
Podedes seguir vendo a presentación onde se recollen outros grandes pintores do Quatrocento ( onde se poden atopar estas características clásicas) : Piero de la Francesca, Mantegna, Botticelli....
Dúbidas e preguntas: podedes seguir a canle de Whatsapp, mail ou en comentarios da entrada ( abaixo desta entrada hai a opción de "Publicar comentario").

Clase a distancia venres 20 de Marzo de 2020:
- Empezamos a pintura do Cinquecento: na presentación empezamos o Cinquecento con Leonardo, e estudaremos as tres grandes figuras deste tempo: Leonardo da Vinci, Rafael Sanzio e Miguel Anxo Bionarotti ( que xa o demos coma escultor e arquitecto). Seguindo os vosos apuntamentos , gustaríame que repasasedes as características da pintura no Cinquecento italiano para centrarnos hoxe na pintura de Leonardo:
- Deixovos esta ligazón cun comentario completo artístico  da obraA virxe das Rocas: pero ...como vos gustan os misterios, aquí tedes esta outra ligazón a un misterio que se agocha na pintura.
-  Aquí tedes un comentario sobre a historia da pintura A Gioconda e aquí algúns misterios...
Dúbidas e preguntas: podedes seguir a canle de Whatsapp, mail ou en comentarios da entrada ( abaixo desta entrada hai a opción de "Publicar comentario").
- Tarefa: Para o Luns 23 de Marzo deberedes de facerme un comentario dunha pintura renacentista das que demos ( Masaccio ou  Leonardo).

Clase a distancia Luns 23 de Marzo de 2020:
- Remataremos hoxe a pintura do Cinquecento:  coas dúas grandes figuras de Rafael e Miguel Anxo. Seguindo os vosos apuntamentos , gustaríame que repasasedes as características da pintura no Cinquecento italiano:
- Deixovos esta ligazón cun comentario completo artístico da Escola de Atenas de Rafael.
- Aquí tedes un comentario sobre a Bóveda da Capela Sixtina de Miguel Anxo.
Dúbidas e preguntas: podedes seguir a canle de Whatsapp, mail ou en comentarios da entrada ( abaixo desta entrada hai a opción de "Publicar comentario").

Clase a distancia Martes 24 de Marzo de 2020:
- Hoxe veremos a Escola Veneciana, pintura manierista, a traverso da figura de Tiziano ( e as dúas obras que entran na ABAU):  nos apuntamentos enlazados arriba "Pintura do Renacemento" tedes a teoría sobre este autor  manierista, non esquezades tamén que na presentación hai recuros que van apoiando o tema:
- Deixovos esta ligazón sobre Tiziano para completalos apuntamentos e axudarvos no comentario do Retrato de Carlos V en Muhlberg.
- Aquí tedes un comentario sobre a Venus de Urbino.
Dúbidas e preguntas: podedes seguir a canle de Whatsapp, mail ou en comentarios da entrada ( abaixo desta entrada hai a opción de "Publicar comentario").
- Actividades propostas: Propóñovos un comentario destes últimos autores dados: Rafael, Miguel Anxo ou Tiziano, o plazo sería o Venres 27 de Marzo.

Clase a distancia Xoves 26 de Marzo de 2020:
- Hoxe acabaremos co Renacemento estudando a figura do Greco:  nos apuntamentos enlazados arriba "O Renacemento español" tedes a teoría sobre este pintor manierista, con características e personalidade propia. Na presentación do tema tedes a ficha das tres obras que entran na ABAU e outras do Greco e nos apuntamentos están comentadas as tres obras, Por eso paréceme mais axeitado falar das peculiaridades pictóricas dete artista tan especial.
-Deixovos este documental completo sobre toda a súa obra.
Dúbidas e preguntas: podedes seguir a canle de Whatsapp, mail ou en comentarios da entrada ( abaixo desta entrada hai a opción de "Publicar comentario").
Actividades propostas: Acordádevos do comentario programado para  maña Venres 27 de Marzo: Rafael, Miguel Anxo ou Tiziano. Tamén podedes sumar a estes autores, o Greco, por se a alguén lle flipou!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario