luns, 4 de maio de 2020

ARTE DO SÉCULO XIX

Un dos grandes artífices da revolución artística do século XIX é Francisco de Goya e Lucientes. A súa obra recolle as influencias dos principais estilos artísticos do século. Toda a súa obra é un grande ensaio cara a pintura contemporánea e cara a ruptura do concepto renacentista de pintura: o cadro como unha fiestra. Aquí tedes os apuntamentos sobre Goya ( non coinciden todalas obras da ABAU), estoutros son do Impresionismo e Postimpresionismo e a, abaixo, a presentación sobre a arte do XIX.
Clase a distancia do 3 de maio: é importante contextualizala vida de Goya porque a súa obra vai ser unha crónica da España do XIX. neste video ( de escasa calidade) fai un práctico resumo, aproveitade para repasar tamén a Historia de España, Carlos IV e Fernando VII).
Clase a distancia do 4 de maio: a primeira obra de Goya "O quitasol" é da etapa na que bosquexaba cartóns para tapices seguindo os seus pasos do mestre Bayeu. Deixovos unha ligazón do seu comentario.
Clase a distancia do 6 de maio: tal como vedes na presentación, Goya fará nesa primeira etapa os cartóns para tapices e retratos de persoeiros da burguesía e nobrea do momento xa que vai gañando unha sona. Por eso os propios monarcas buscan a este pintor de moda para que os retrate no 1800, tal como Velázquez fixera...e Goya faino pero...nunha atmósfera distinta, cun significado distinto e cunha mensaxe distinta. Esta ligazón que vos deixo é dun documento, comentario da obra "A familia de Carlos IV", da RTVE vello...pero moi interesante en especial porque fala unha das pintoras mais grandes do século XX a galega Maruja Mallo.
Clase a distancia do 7 de maio: hoxe veremos dúas pinturas encargadas pola Rexencia (xa co rei Fernando VII permanece no exilio)para conmemorar o alzamento do pobo contra os franceses no 1808. Tempo despois, 1804, encargáronlle a Goya pintar o "Levantamento do 2 de Maio" ( Carga dos mamelucos) e "Os fusilamentos do 3 de Maio en Principe Pío". Lembrade que vos poden axudar os apuntamentos de arriba e a presentación.
Clase a distancia do 11 de maio: hoxe remataremos con Goya analizando "Saturno devorando ó seu fillo", pintura negra da última etapa do artista. É un dos frescos da Quinta do xordo. Propóñovos este entretido video sobre as Pinturas Negras.
Clase a distancia 14 de maio: Hoxe empezaremos polo impresionismo, corrente artística que rompe cos preceptos anteriores en busca da luz e da cor e mais aló do concepto cadro como unha fiestra, aqui tedes un video sobre o tema. Tedes os apuntamentos ligados arriba, e a presentación. Aquí vos deixo un exemplo de impresionismo literario para que me busquedes que características lle vedes para que o fagan impresionista. Ou nesta ligazón sobre a música impresionista.
Clase a distancia 15 de maio: Hoxe empezaremos cunha obra clave do Impresionismo e para a Arte Contemporánea, O almorzo sobre a herba  ou almorzo campestre; de Manet.
Clase a distancia 18 de maio: Claude Monet é o grande pintor da cor e da luz como se aprecia na sua obra: Impresión, sol nacente; que mesmo lle dará o nome ó movemento impresionista.
Clase a distancia 21 de maio: a Serie da Catedral de Rouan é outra das grandes obras de Monet, que definen o Impresionismo. Nos apuntamentos e na presentación tedes información dela. Aquí, neste comentario,  podedes ampliar información.
Clase a distancia 22 de maio: abordaremos hoxe a figura e obra de Cezanne, considerado por moit@s o pai da pintura moderna (Picasso, por exemplo). Tralo Impresionismo, aparecen os chamados Postimpresionistas, que recollendo as aprendizaxes de Monet e Manet abrirán distintas vías que darán paso a movementos posteriores vangardistas. Os principais postimpresionistas que estudaremos, xunto con Cezanne son Van Gogh e Gauguin. Nos apuntamentos tedes o comentario do Bodegón e nesta ligazón, Os xogadores de cartasPara a semana que ven , faredes un comentario de Manet ou Manet, da obra que escollades.
Clase a distancia 25 de maio: chámanse postimpresionistas a unha serie de pintores que recollen as aprendizaxes do Impresionismo e abren a vía para outros movementos futuros. Fundamentalmente son : Van Gogh e  Gauguin. Hoxe veremos a biografía  Vincent Can Gogh (consultade ós apuntamentos) aquí tedes unha análise distinta sobre a súa vida. E quí o comentario da obra Noite estrelada. 
Clase a distancia 26 de maio: Paul Gauguin (aquí tedes unha breve biografía) considérase un postimpresionista que abre a vía ó fauvismo, expresionismo, simbolismo e outros movementos de vangarda posteriores. Aquí tedes o comentario da obra Visión tralo sermón.
Clase a distancia 28 de maio: noxe veremos a obra Ta Matete (O mercado), obra realizada por Gauguin durante a súa primeira etapa na Polinesia.
Clase a distancia 29 de maio: terminamos con Seurat este bloque de contidos. A tarde de domingo na Grande Jatte, é unha obra representativa do puntillismo. Seurat abre unha vía dentro do postimpresionismo que morre con él. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario