luns, 1 de xuño de 2020

REPASO PARA SELECTIVIDADE DE HISTORIA DA ARTE

Nestas presentacións podedes ir repasando as obras da ABAU e tamén os termos artísticos. Cada semana teredes unha proposta de actividade de repaso.

venres, 15 de maio de 2020

ARTE DO SÉCULO XX

Aqui tedes a presentación sobre a arte do século XX, pintura e escultura.
 Estoutra presentación é sobre a arquitectura do século XX
 Aqui vos deixo os apuntamentos da pintura do século XX, da arquitectura do SXX e sobre a
figura de Picasso.

martes, 5 de maio de 2020

TERCEIRO TRIMETRE 2º DA ESO: RECUPERAR E REFORZAR

    O alumnado que non teña superadas a 1ª ou 2ª avaliación, ou as dúas,  deberán enviarme este caderno ben feito antes do 5 de Xuño se queren aprobalas. Unha vez aprobadas estas avaliacións suspensas poderei sumarlle a calificación do Terceiro Trimestre para subila media.Pero de non superalas ou non entregalos cadernos de recuperación, suspenderán o curso e non terei ocasión de sumarlle o traballo feito no Terceiro Trimestre. Aquí tedes as ligazóns os cadernos que deberedes de enviarmos ó mail pedradaauga@gmail.com:
- Caderno de Recuperación da 1ª Avaliación.
- Caderno de Recuperación da 2ª Avaliación.
    Se queredes mais aclaracións aquí tedes os NOVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE 2º DA ESO modificados por este estado de alarma polo virus.
     Enviarei mails personalizados para comunicarlle a cada un de vós a avaliación que tedes que recuperar e as ligazóns ó material.
       As dúbidas que se vos podan plantexar podedes facelas chegar polos comentarios deste blog, polo mail (pedradaauga@gmail,com) ou pola Aula Virtual.
     Este trimestre continuaremos reforzando e ampliando contidos das dúas avaliacións primeiras para aqueles que as tivesen aprobadas (ou que as vaian recuperando cos cadernos). O traballo que estades facendo verase recompensado, así que podedes seguirme enviando actividades atrasadas (As da entrada do  Tema 7: A cidade e estas sobre o Tema 1 e 2 que tedes abaixo).
     Tamén podedes seguir respondendo a esta enquisa anónima as clases a distancia. 
- Semana do 20 ó 25 de Abril:  repaso do Tema 2 coas actividades.


- Semana do 27 de Abril ó 1 de Maio: repaso do Tema 2 coas actividades. 

- Semanas de Maio: a partires dagora trocaremos o sistema de repaso e ampliación buscando un xeito mais lúdico...Iremos lendo xuntos un libro e a medida que avancemos ireivos plantexando preguntas semanais que me teredes que ir resolvendo, enviandomas ó mail pedradaauga@gmail.com, coma ata o dagora.
- Aquí vos deixo a ligazón do libro
-E nesta presentación irei avanzando as actividades semanais, Espero que disfrutedes!!!!

luns, 4 de maio de 2020

ARTE DO SÉCULO XIX

Un dos grandes artífices da revolución artística do século XIX é Francisco de Goya e Lucientes. A súa obra recolle as influencias dos principais estilos artísticos do século. Toda a súa obra é un grande ensaio cara a pintura contemporánea e cara a ruptura do concepto renacentista de pintura: o cadro como unha fiestra. Aquí tedes os apuntamentos sobre Goya ( non coinciden todalas obras da ABAU), estoutros son do Impresionismo e Postimpresionismo e a, abaixo, a presentación sobre a arte do XIX.
Clase a distancia do 3 de maio: é importante contextualizala vida de Goya porque a súa obra vai ser unha crónica da España do XIX. neste video ( de escasa calidade) fai un práctico resumo, aproveitade para repasar tamén a Historia de España, Carlos IV e Fernando VII).
Clase a distancia do 4 de maio: a primeira obra de Goya "O quitasol" é da etapa na que bosquexaba cartóns para tapices seguindo os seus pasos do mestre Bayeu. Deixovos unha ligazón do seu comentario.
Clase a distancia do 6 de maio: tal como vedes na presentación, Goya fará nesa primeira etapa os cartóns para tapices e retratos de persoeiros da burguesía e nobrea do momento xa que vai gañando unha sona. Por eso os propios monarcas buscan a este pintor de moda para que os retrate no 1800, tal como Velázquez fixera...e Goya faino pero...nunha atmósfera distinta, cun significado distinto e cunha mensaxe distinta. Esta ligazón que vos deixo é dun documento, comentario da obra "A familia de Carlos IV", da RTVE vello...pero moi interesante en especial porque fala unha das pintoras mais grandes do século XX a galega Maruja Mallo.
Clase a distancia do 7 de maio: hoxe veremos dúas pinturas encargadas pola Rexencia (xa co rei Fernando VII permanece no exilio)para conmemorar o alzamento do pobo contra os franceses no 1808. Tempo despois, 1804, encargáronlle a Goya pintar o "Levantamento do 2 de Maio" ( Carga dos mamelucos) e "Os fusilamentos do 3 de Maio en Principe Pío". Lembrade que vos poden axudar os apuntamentos de arriba e a presentación.
Clase a distancia do 11 de maio: hoxe remataremos con Goya analizando "Saturno devorando ó seu fillo", pintura negra da última etapa do artista. É un dos frescos da Quinta do xordo. Propóñovos este entretido video sobre as Pinturas Negras.
Clase a distancia 14 de maio: Hoxe empezaremos polo impresionismo, corrente artística que rompe cos preceptos anteriores en busca da luz e da cor e mais aló do concepto cadro como unha fiestra, aqui tedes un video sobre o tema. Tedes os apuntamentos ligados arriba, e a presentación. Aquí vos deixo un exemplo de impresionismo literario para que me busquedes que características lle vedes para que o fagan impresionista. Ou nesta ligazón sobre a música impresionista.
Clase a distancia 15 de maio: Hoxe empezaremos cunha obra clave do Impresionismo e para a Arte Contemporánea, O almorzo sobre a herba  ou almorzo campestre; de Manet.
Clase a distancia 18 de maio: Claude Monet é o grande pintor da cor e da luz como se aprecia na sua obra: Impresión, sol nacente; que mesmo lle dará o nome ó movemento impresionista.
Clase a distancia 21 de maio: a Serie da Catedral de Rouan é outra das grandes obras de Monet, que definen o Impresionismo. Nos apuntamentos e na presentación tedes información dela. Aquí, neste comentario,  podedes ampliar información.
Clase a distancia 22 de maio: abordaremos hoxe a figura e obra de Cezanne, considerado por moit@s o pai da pintura moderna (Picasso, por exemplo). Tralo Impresionismo, aparecen os chamados Postimpresionistas, que recollendo as aprendizaxes de Monet e Manet abrirán distintas vías que darán paso a movementos posteriores vangardistas. Os principais postimpresionistas que estudaremos, xunto con Cezanne son Van Gogh e Gauguin. Nos apuntamentos tedes o comentario do Bodegón e nesta ligazón, Os xogadores de cartasPara a semana que ven , faredes un comentario de Manet ou Manet, da obra que escollades.
Clase a distancia 25 de maio: chámanse postimpresionistas a unha serie de pintores que recollen as aprendizaxes do Impresionismo e abren a vía para outros movementos futuros. Fundamentalmente son : Van Gogh e  Gauguin. Hoxe veremos a biografía  Vincent Can Gogh (consultade ós apuntamentos) aquí tedes unha análise distinta sobre a súa vida. E quí o comentario da obra Noite estrelada. 
Clase a distancia 26 de maio: Paul Gauguin (aquí tedes unha breve biografía) considérase un postimpresionista que abre a vía ó fauvismo, expresionismo, simbolismo e outros movementos de vangarda posteriores. Aquí tedes o comentario da obra Visión tralo sermón.
Clase a distancia 28 de maio: noxe veremos a obra Ta Matete (O mercado), obra realizada por Gauguin durante a súa primeira etapa na Polinesia.
Clase a distancia 29 de maio: terminamos con Seurat este bloque de contidos. A tarde de domingo na Grande Jatte, é unha obra representativa do puntillismo. Seurat abre unha vía dentro do postimpresionismo que morre con él. 

venres, 17 de abril de 2020

A ARTE BARROCA

Deixovos os enlaces ós apuntes da Arquitectura Barroca e das Artes Plásticas do Barroco. Ten conta de que estes apuntamentos non recollen a listaxe actualizada de obras que aparecen na CIUG pero vos poden servir de guión nos apartados de contexto histórico e artístico ou analisis do estilo barroco. Neste blog do curso pasado est@s vos@s compañeir@s deixaron feitos algúns comentarios que tamén vos poden axudar : http://historiartistas.blogspot.com/.

 Clase a distancia do Venres 27 de Marzo: hoxe empezaremos co Barroco. Antes de empezar a analizar a arquitectura barroca de Bernini, hoxe centrarémonos en:
- Contexto histórico do Barroco
- Características da arte barroca 
Clase a distancia do Luns 30 de Marzo: hoxe veremos as características da  arquitectura barroca e a obra de  Bernini.
- Características da arquitectura barroca. Nesta clase, exponse tamén a obra principal de Maderno, a fachada de San Pedro do Vaticano e a Praza de San Pedro obra de Bernini. Podedes consultalos apuntamentos enlazados arriba e a presentación onde hai información tamén ó respecto.
Clase a distancia do Martes 31 de Marzo: hoxe nos centraremos na obra de Borromini , concretamente na que entra na ABAU. Con ela repasaremos as características da arquitectura do Barroco.
- Comentario de San Carlos de las Cuatro Fuentes. 
- Proposta de actividades: mandarme un comentario dunha obra da arquitectura do Barroco para o Venres 3 de Abril.
Clase a distancia do Xoves 2 de Abril:  na sesión de hoxe veremos a arquitectura barroca galega. Nos apuntamentos do tema tedes un apartado adicado a Domingo de Andrade, Casas Novoa e Simón Rodríguez.
- Nesta ligazón falase de etapa de obras que se acometen para transformala Catedral de Santiago, promovidas polo Coengo Vega e Verdugo no século XVII. Como por exemplo a propia fachada barroca que ben a ocultar a estructura románica, obra de Casas Novoa.
- Aqui tedes un comentario feito por unha rapaza de Bach. da Torre do reloxio de Domingo de Andrade.
Proposta de actividades: mandarme un comentario dunha obra da arquitectura do Barroco para o Venres 3 de Abril.
Clase a distancia do Venres 3 de Abril:  na sesión de hoxe remataremos coa arquitectura barroca galega ( e a arquitectura en xeral) . Nos apuntamentos tedes a información relativa ó Convento de Santa Clara en Santiago de Compostela, obra de Simón Rodriguez, tamén na presentación e nesta ficha que podedes consultar.
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA:
 durante as vacacións espero que descansedes xa que nestas tres semanas avanzamos moitos contidos, a Pintura do Cinquecento e a Arquitectura Barroca. Así, á volta seguiremos avanzando coa materia.
Proposta de actividade para o 14 de Abril : comentario dunha obra das que vemos durante este perído, a que mais e guste!.
Clase a distancia do Xoves 16 de Abril: hoxe empezaremos coa escultura do Barroco. Veremos as súas características xerais ( que podedes seguir tamén polos apuntamentos ligados arriba) e ó escultor Bernini, representante máximo do Barroco italiano.
- Aquí tedes unha ligazón con unha breve síntese de dous minutos sobre as características da escultura do barroco 
- Estas características están presentes nas obras de Bernini como "A extase de Santa Teresa" na Capela Cornaro en Roma, nesta ligazón tedes un comentario.
Clase a distancia do Venres 17 de Abril: hoxe remataremos con Bernini, estudando unha das súas mais famosas obras, o grupo escultórico de "Apolo e Dafne" na Gallería Borghese de Roma.
- Nesta ligazón tedes un audiovisual sobre a obra , Apolo e Dafne.
Clase a distancia do Luns 20 de Abril: hoxe remataremos a escultura barroca , vendo a imaxinería española da mán de Gregorio Fernández da Escola de Valladolid, a partires da aproximación á súa obra da Piedade. 
Nesta semana poderíadesme presentar un comentario dalgunha das obras escultóricas barrocas que vemos.
Clase a distancia do Martes 21 de Abril: como xa rematamos coa escultura, o día de hoxe veremos as características da pintura barroca ( tedes os apuntamentos e a presentación ligados arriba para apoiarvos).
Clase a distancia do Mércores 23 de Abril: o mais grande representante da pintura barroca italiana é Michelangelo Merisi, Il Caravaggio. Hoxe veremolas súas características a partir do estudo da obra que entra na ABAU: A vocación de San Mateo. Nos apuntamentos do tema podedes completar as características da obra de Caravaggio e as da súas obras.
Clase a distancia do Venres 24 de Abril: hoxe empezamos con Velázquez, o máximo representante da pintura Barroca de España e universal. Primeiro me gustaría que coñecérades un pouco da súa biografía (en clave de humor...pero certa!) e as súas etapas artísticas e logo que estudiemos a obra da etapa sevillana cando estaba baixo a protección do seu mestre Francisco Pacheco : O augador de Sevilla. Lembrade que tedes os apuntamentos ligados arriba que falan mais profundamente desta obra.
Clase a distancia do Luns 27 de Abril: hoxe veremos a un Velázquez infuído pola Mitoloxía na súa primeira viaxe a Italia...Alí coñece a obra de Caravaggio e familiarízase coa Antigüidades clásica..Pero dándolle un "toque" perosonal. Na Fragua de Vulcano desenvolve unha escea de xénero para narrar unha historia de deuses clásicos. Lembrade que tedes mais información nos apuntamentos ligados arriba.
Ó longo desta semana podedes ir realizando un comentario de pintura Barroca, Caravaggio ou Velázquez.
Clase a distancia do Martes 28 de Abril: "A rendición de Breda" ou "As Lanzas" é unha pintura de tema bélico encargada por Felipe IV para decorar un novo complexo palaciego en Madrid. Este "refuxo" no centro da cidade chamaouse Palacio del Buen Retiro...do que hoxe apenas quedan os xardíns (parque do Retiro) ou o Salón de Reinos (actual Casón del Buen Retiro, utilizado como Museo do Exército hai tempo) que era onde estaban os escudos do reino e estas pinturas das grandes victorias da Coroa española. Breda é unha cidade dos Países Baixos, Holanda, que sofriu un longo asedio durante estas guerras flamencas. Tedes todolos detalles da pintura e do seu contexto nos apuntamentos enlazados arriba. Sobre o asedio aquí tedes este fragmento da película Alatriste.  Sobre a pintura aquí tedes este comentario. 
Clase a distancia do Xoves 30 de abril: hoxe remataremos co tema do barroco e coa pintura de Velázquez vendo un dos cadros mais famosos da historia : As Meninas. Un retrato grupal da familia do rei Felipe IV; cunha novidosa técnica, composición, luz...que nunca antes se vira. Tedes mais información nos apuntamentos e na presentación do tema. Propóñovos que tod@s me fagades o comentario para o vindeiro xoves.

martes, 14 de abril de 2020

CRITERIOS DE AVALIACIÓN HISTORIA DA ARTE POLO CONFINAMENTO

    Seguindo as instruccións da Consellería de Educación respecto a 2º de Bacharelato ,que dictan o seguinte:
- Hai que avanzar materia.
- Mantéñense as datas de Xullo ( 8,9 e 10) para a ABAU.
- Non se confirma que vaian a reducir materia nas ABAU e non e sabe aínda como será esa "maior opcionalidade" no modelo de examen.
No seu día envieivos un mail explicativo do novo marco de actuación despois dunha reunión coa Directiva do Ies Pedra da Auga ( Xoves 2 de Marzo). Como non teño acuse de recibo dos 5 mails enviados (solo de 3), póñome en contacto pola plataforma que levamos empregando dende o principio de curso que é este blog.
É preceptivo modificalos Criterios e Instrumentos de Avaliación para o Terceiro Trimestre e aquí presentóvoslos, tal como vos expliquei por mail persoal, as novas condicións.
Seguiremos a dinámica empregada ata hoxe:
- Irei colgando a materia por sesións porque considero que o volume e tal que non se pode facer semanalamente como propuxestes á directiva.
- Mandarei as tarefas con previsión do tempo como ata o dagora, unha semana ou cinco días de marxe.
- Non darei clase por videoconferencia porque a teleformación ten que ser flexible e non se pode garantir a presenza de tod@s e cada un/unha do alumando á unha mesma hora e día. Os recursos tecnolóxicos, de rede, e situacións persoais e familiares concretas fan imposible esta rixidez.
- Esta flexibilidade implica que eu estou á vosa disposición polas vías coñecidas, sempre que poda, solucionándovos dúbidas e dándovos información. Prego a mesma flexibilidade pola vosa parte.
-  Se cabe sí que poderemos intentar programar algunha videoconferencia para facer un "simulacro" de ABAU, pero ésta terá que ser consensuada por tod@s. Se non se pode garantila presenza de tod@s , non se fará. En todo caso, esta proba contará como un comentario mais. Non hai examenes que conten unha porcentaxe maior da nota.
- Dúbidas, preguntas, suxestións: vía mail ( pedradaauga@gmail.com) whatsapp, ou comentarios de entradas deste blog.

luns, 16 de marzo de 2020

TEMA 7: A CIDADE. PROCESO DE URBANIZACIÓN.

   Neste tema trataremos de definir e coñecer como son as cidades, esas grandes concentracións de poboación que xurdiron fai milleiros de anos e que hoxe se espallan por todo o mundo supoñendo máis da metade da poboación mundial. Aquí tedes os apuntamentos do tema :Tema7: A cidade. Proceso de urbanización.
   Como sempre, iremos avanzando na explicación do tema apoiándonos nesta presentación ( que irei actualizando e ampliando na medida que vaian pasando os días).

TEDES UN RETO/ CHALLENGE KAHOOT SOBRE ESTE TEMA. PODEDES ACCEDER DENDE A PRESENTACIÓN (ÚLTIMA PÁXINA) OU ACCEDENDO A ESTA LIGAZÓN. 
ATA O 19 DE ABRIL(NOVA DATA).
Acordádevos de poñer un Nickname/Nome que eu poida recoñeder....
É UNHA ACTIVIDADE VOLUNTARIA.

DURANTE ESTA SEMANA APROVEITADE TAMÉN PARA POÑERVOS Ó DÍA COAS ACTIVIDADES ( PLANTEXADAS NA PRESENTACIÓN QUE TEDES AQUÍ ABAIXO).