Seguindo as instruccións da Consellería de Educación respecto a 2º de Bacharelato ,que dictan o seguinte:
- Hai que avanzar materia.
- Mantéñense as datas de Xullo ( 8,9 e 10) para a ABAU.
- Non se confirma que vaian a reducir materia nas ABAU e non e sabe aínda como será esa "maior opcionalidade" no modelo de examen.
No seu día envieivos un mail explicativo do novo marco de actuación despois dunha reunión coa Directiva do Ies Pedra da Auga ( Xoves 2 de Marzo). Como non teño acuse de recibo dos 5 mails enviados (solo de 3), póñome en contacto pola plataforma que levamos empregando dende o principio de curso que é este blog.
É preceptivo modificalos Criterios e Instrumentos de Avaliación para o Terceiro Trimestre e aquí presentóvoslos, tal como vos expliquei por mail persoal, as novas condicións.
Seguiremos a dinámica empregada ata hoxe:
- Irei colgando a materia por sesións porque considero que o volume e tal que non se pode facer semanalamente como propuxestes á directiva.
- Mandarei as tarefas con previsión do tempo como ata o dagora, unha semana ou cinco días de marxe.
- Non darei clase por videoconferencia porque a teleformación ten que ser flexible e non se pode garantir a presenza de tod@s e cada un/unha do alumando á unha mesma hora e día. Os recursos tecnolóxicos, de rede, e situacións persoais e familiares concretas fan imposible esta rixidez.
- Esta flexibilidade implica que eu estou á vosa disposición polas vías coñecidas, sempre que poda, solucionándovos dúbidas e dándovos información. Prego a mesma flexibilidade pola vosa parte.
- Se cabe sí que poderemos intentar programar algunha videoconferencia para facer un "simulacro" de ABAU, pero ésta terá que ser consensuada por tod@s. Se non se pode garantila presenza de tod@s , non se fará. En todo caso, esta proba contará como un comentario mais. Non hai examenes que conten unha porcentaxe maior da nota.
- Dúbidas, preguntas, suxestións: vía mail ( pedradaauga@gmail.com) whatsapp, ou comentarios de entradas deste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario