venres, 17 de abril de 2020

A ARTE BARROCA

Deixovos os enlaces ós apuntes da Arquitectura Barroca e das Artes Plásticas do Barroco. Ten conta de que estes apuntamentos non recollen a listaxe actualizada de obras que aparecen na CIUG pero vos poden servir de guión nos apartados de contexto histórico e artístico ou analisis do estilo barroco. Neste blog do curso pasado est@s vos@s compañeir@s deixaron feitos algúns comentarios que tamén vos poden axudar : http://historiartistas.blogspot.com/.

 Clase a distancia do Venres 27 de Marzo: hoxe empezaremos co Barroco. Antes de empezar a analizar a arquitectura barroca de Bernini, hoxe centrarémonos en:
- Contexto histórico do Barroco
- Características da arte barroca 
Clase a distancia do Luns 30 de Marzo: hoxe veremos as características da  arquitectura barroca e a obra de  Bernini.
- Características da arquitectura barroca. Nesta clase, exponse tamén a obra principal de Maderno, a fachada de San Pedro do Vaticano e a Praza de San Pedro obra de Bernini. Podedes consultalos apuntamentos enlazados arriba e a presentación onde hai información tamén ó respecto.
Clase a distancia do Martes 31 de Marzo: hoxe nos centraremos na obra de Borromini , concretamente na que entra na ABAU. Con ela repasaremos as características da arquitectura do Barroco.
- Comentario de San Carlos de las Cuatro Fuentes. 
- Proposta de actividades: mandarme un comentario dunha obra da arquitectura do Barroco para o Venres 3 de Abril.
Clase a distancia do Xoves 2 de Abril:  na sesión de hoxe veremos a arquitectura barroca galega. Nos apuntamentos do tema tedes un apartado adicado a Domingo de Andrade, Casas Novoa e Simón Rodríguez.
- Nesta ligazón falase de etapa de obras que se acometen para transformala Catedral de Santiago, promovidas polo Coengo Vega e Verdugo no século XVII. Como por exemplo a propia fachada barroca que ben a ocultar a estructura románica, obra de Casas Novoa.
- Aqui tedes un comentario feito por unha rapaza de Bach. da Torre do reloxio de Domingo de Andrade.
Proposta de actividades: mandarme un comentario dunha obra da arquitectura do Barroco para o Venres 3 de Abril.
Clase a distancia do Venres 3 de Abril:  na sesión de hoxe remataremos coa arquitectura barroca galega ( e a arquitectura en xeral) . Nos apuntamentos tedes a información relativa ó Convento de Santa Clara en Santiago de Compostela, obra de Simón Rodriguez, tamén na presentación e nesta ficha que podedes consultar.
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA:
 durante as vacacións espero que descansedes xa que nestas tres semanas avanzamos moitos contidos, a Pintura do Cinquecento e a Arquitectura Barroca. Así, á volta seguiremos avanzando coa materia.
Proposta de actividade para o 14 de Abril : comentario dunha obra das que vemos durante este perído, a que mais e guste!.
Clase a distancia do Xoves 16 de Abril: hoxe empezaremos coa escultura do Barroco. Veremos as súas características xerais ( que podedes seguir tamén polos apuntamentos ligados arriba) e ó escultor Bernini, representante máximo do Barroco italiano.
- Aquí tedes unha ligazón con unha breve síntese de dous minutos sobre as características da escultura do barroco 
- Estas características están presentes nas obras de Bernini como "A extase de Santa Teresa" na Capela Cornaro en Roma, nesta ligazón tedes un comentario.
Clase a distancia do Venres 17 de Abril: hoxe remataremos con Bernini, estudando unha das súas mais famosas obras, o grupo escultórico de "Apolo e Dafne" na Gallería Borghese de Roma.
- Nesta ligazón tedes un audiovisual sobre a obra , Apolo e Dafne.
Clase a distancia do Luns 20 de Abril: hoxe remataremos a escultura barroca , vendo a imaxinería española da mán de Gregorio Fernández da Escola de Valladolid, a partires da aproximación á súa obra da Piedade. 
Nesta semana poderíadesme presentar un comentario dalgunha das obras escultóricas barrocas que vemos.
Clase a distancia do Martes 21 de Abril: como xa rematamos coa escultura, o día de hoxe veremos as características da pintura barroca ( tedes os apuntamentos e a presentación ligados arriba para apoiarvos).
Clase a distancia do Mércores 23 de Abril: o mais grande representante da pintura barroca italiana é Michelangelo Merisi, Il Caravaggio. Hoxe veremolas súas características a partir do estudo da obra que entra na ABAU: A vocación de San Mateo. Nos apuntamentos do tema podedes completar as características da obra de Caravaggio e as da súas obras.
Clase a distancia do Venres 24 de Abril: hoxe empezamos con Velázquez, o máximo representante da pintura Barroca de España e universal. Primeiro me gustaría que coñecérades un pouco da súa biografía (en clave de humor...pero certa!) e as súas etapas artísticas e logo que estudiemos a obra da etapa sevillana cando estaba baixo a protección do seu mestre Francisco Pacheco : O augador de Sevilla. Lembrade que tedes os apuntamentos ligados arriba que falan mais profundamente desta obra.
Clase a distancia do Luns 27 de Abril: hoxe veremos a un Velázquez infuído pola Mitoloxía na súa primeira viaxe a Italia...Alí coñece a obra de Caravaggio e familiarízase coa Antigüidades clásica..Pero dándolle un "toque" perosonal. Na Fragua de Vulcano desenvolve unha escea de xénero para narrar unha historia de deuses clásicos. Lembrade que tedes mais información nos apuntamentos ligados arriba.
Ó longo desta semana podedes ir realizando un comentario de pintura Barroca, Caravaggio ou Velázquez.
Clase a distancia do Martes 28 de Abril: "A rendición de Breda" ou "As Lanzas" é unha pintura de tema bélico encargada por Felipe IV para decorar un novo complexo palaciego en Madrid. Este "refuxo" no centro da cidade chamaouse Palacio del Buen Retiro...do que hoxe apenas quedan os xardíns (parque do Retiro) ou o Salón de Reinos (actual Casón del Buen Retiro, utilizado como Museo do Exército hai tempo) que era onde estaban os escudos do reino e estas pinturas das grandes victorias da Coroa española. Breda é unha cidade dos Países Baixos, Holanda, que sofriu un longo asedio durante estas guerras flamencas. Tedes todolos detalles da pintura e do seu contexto nos apuntamentos enlazados arriba. Sobre o asedio aquí tedes este fragmento da película Alatriste.  Sobre a pintura aquí tedes este comentario. 
Clase a distancia do Xoves 30 de abril: hoxe remataremos co tema do barroco e coa pintura de Velázquez vendo un dos cadros mais famosos da historia : As Meninas. Un retrato grupal da familia do rei Felipe IV; cunha novidosa técnica, composición, luz...que nunca antes se vira. Tedes mais información nos apuntamentos e na presentación do tema. Propóñovos que tod@s me fagades o comentario para o vindeiro xoves.

Ningún comentario:

Publicar un comentario